Rematado
segundo curso é moi importante que os nenos e nenas descansen e que disfruten
deste verán como recompensa do esforzo realizado. O vindeiro curso comezarán
terceiro, por iso lles recomendo que adiquen unha pequena parte do seu tempo a
repasar o que aprenderon. Axudaralles a entrar con bo nivel de partida no novo
curso escolar. Sobre todo deben ter en conta:
MATEMÁTICAS:
- Numeración:
Contar e escribir con letras do 0 ao 999 (do dereito e do revés). Realizar
series (de dous en dous, de tres en tres, de cinco en cinco, de dez en dez). Ordenar números de menor a maior e de maior a
menor. Anterior e posterior.
- Operacións:
Sumas,
restas e multiplicacións con levadas. Repasar
as táboas a miúdo para non esquecelas. Iniciación á división
(reparto). Doble e metade. Terceira e
cuarta parte.
- Resolver problemas de sumas, restas, multiplicacións e divisións sinxelas.
- O tempo. O reloxo: horas en punto, horas e media, horas e cuarto, horas menos cuarto.
- O diñeiro: os céntimos e os euros.
LINGUA:
- Lectura: Ler todos os días (contos e libros que lles gusten. Pódese aproveitar a guía de lectura). Realizar lecturas comprensivas. Procurar que lean textos diversos.
- Escritura: Caligrafía: Realizar copiados para manter o trazo da letra. Realizar ditados de catro ou cinco frases. Repasar as regras de ortografía: Escribir m antes de p e m antes de b; As maiúsculas nos nomes propios de persoas, animais e lugares; As maiúsculas á principio de frase e despois de punto. Practicar a descripción das persoas, dos animais, das cousas e das paisaxes. Realizar redaccións, por exemplo, despois de realizar viaxes, excursións ou recibir visitas de familiares.
FELICES
VACACIÓNS!
Nuestro más sincero agradecimiento por tu trabajo a lo largo de estos dos cursos.
ResponderEliminar¡Feliz verano!
Familia Pan Rodríguez.