miércoles, 19 de junio de 2013

PIET MONDRIAN

   Entre todos os compañeiros e compañeiras elaboramos este mural ao estilo Mondrian.
   Mondrián foi un pintor que buscou nas súas representacións, un "arte puro". O seu propósito non era crear formas e cores particulares, senón traballar para intentar eliminalos na percura dunha unidade pictórica máis grande.



Aqui vos amosamos a nosa particular visión do que pode ser un camión pintado ao estilo Mondrián

viernes, 14 de junio de 2013

LIBRO VIAXEIRO

       Durante este curso escolar o noso colexio participou na elaboración do libro viaxeiro que vos amosamos. Comezaron os alumnos maiores e rematamos nós. Este é o resultado global, e esta foi a nosa aportación en detalle.