miércoles, 18 de diciembre de 2013

XOGAMOS NO NADAL

"LA PRIMERA NAVIDAD DE LOS ANIMALES" DE BENOIT DEBECKER

  
      Hoxe acudimos a Biblioteca para asistir á lectura en galego e presentación en PowerPoint do conto: "O primeiro Nadal dos animais" do autor Benoit Debecker.
     Nas semanas previas ao Nadal todos os cursos coloreamos e decoramos os persoaxes do conto. A nós tocounos o ratiño e o crocodilo. O Profe de Música, autor dos debuxos, ambientou coas nosas produccións as paredes do Cole.
     Rematamos o acto, lendo  o conto en castelán, de xeito alternativo cos nosos amigos e compañeiros de 2º A.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

OS MONSTROS DOS NOSOS ARMARIOS

Despois de realizada a actividade de comprensión lectora "EL MONSTRUO DEL ARMARIO", debuxamos a nosa particular visión de ese monstro "simpático e educado" que gusta de comer calcetíns...

jueves, 31 de octubre de 2013

I CONCURSO DE AULAS ECOLÓXICAS

     Comezamos a nosa participación no I CONCURSO DE AULAS ECOLÓXICAS. Conseguimos reunir a suficiente cantidade de papel como para salvar da tala, unha árbore.
     Gañamos a nosa primeira pegatina; pero con todo, o máis importante é que estamos aprendendo a reciclar e que cada vez somos máis conscientes da necesidade de respectar a natureza, para garantirnos un futuro sostible.

viernes, 6 de septiembre de 2013

miércoles, 19 de junio de 2013

PIET MONDRIAN

   Entre todos os compañeiros e compañeiras elaboramos este mural ao estilo Mondrian.
   Mondrián foi un pintor que buscou nas súas representacións, un "arte puro". O seu propósito non era crear formas e cores particulares, senón traballar para intentar eliminalos na percura dunha unidade pictórica máis grande.



Aqui vos amosamos a nosa particular visión do que pode ser un camión pintado ao estilo Mondrián

viernes, 14 de junio de 2013

LIBRO VIAXEIRO

       Durante este curso escolar o noso colexio participou na elaboración do libro viaxeiro que vos amosamos. Comezaron os alumnos maiores e rematamos nós. Este é o resultado global, e esta foi a nosa aportación en detalle.

domingo, 7 de abril de 2013

XOGAMOS AO "AFORCADO"

    En este juego se trata de que practiques la regla ortográfica: "Antes de p y b se escribe M". Recuerda pues, que habrás de pulsar en primer lugar la M y después la B o la P.

SUMAS

viernes, 18 de enero de 2013

ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA TRABALLAR A VISITA Á FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

Distinguimos os conceptos: realismo e abstracción. Profundizamos no análise dunha obra pictórica e desenvolvemos a nosa capacidade de observación.